Os nenos e nenas de 4 anos estiveron experimentando coa ciencia na aula. Menudos científicos están feitos!
26 de mayo de 2023
10 de mayo de 2023
CLUB DE LECTURA 4º (LETRAS GALEGAS)
Achégase o día das Letras Galegas e as nenas e nenos de 4º de primaria decidiron facer un club de lectura temático sobre o autor ao que se lle adica este curso: Francisco Fernández del Riego. Traballaron moito sobre esa figura e teñen moita información nas súas cabeciñas, ata fixeron un concurso de preguntas no mesmo club! Parece que a este escritor lle gustaba facer xoguetes moi creativos con cousas ben pequenas, coma cascas de noces!
9 de mayo de 2023
CLUB DE LECTURA COMPARTIDA
Quen non desexaría ser invisible algunha vez? Hoxe tivemos un club de lectura moi importante entre familias, profes e alumnado para tratar un tema necesario nos nosos días: o acoso escolar, da man de Eloy Moreno e o seu libro Invisible. Unha historia emotiva, conmovedora, diferente...Contada a través dos ollos dun neno; unha historia que podería ser a de calquera. Descubrimos que hai marcas que non sempre son visibles... Moitas grazas pola acollida! Foi moi enriquecedor coñecer as opinións e puntos de vista de todas as persoas.
3 de mayo de 2023
CLUB DE LECTURA 3º
Hoxe tivemos a visita dunha inventora moi especial! Volve a Señorita Bubble da man de Ledicia Costas; esta vez para salvar Londres dunha invasión de ratas que roubaron unha peza moi valiosa para a raíña Isabel II. Será quen de recuperala e restaurar a paz no Reino Unido? As nenas e nenos de 3º de primaria teñen moi claro cal sería a solución para acabar co malvado Jack White e a súa tropa de roedores! Ademais, fixeron uns traballos moi chulos relacionados co libro, que lles gustou moitísimo.