20 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

E como é tradición, aquí publicamos as nosas recomendacións de Nadal!!

COCIÑANDO TURRÓN

E voltamos a un contexto real de aprendizaxe. A alimentación saudable e o Nadal... Fixemos o noso propio calendario de merendas e decidimos cociñar un doce de Nadal de maneira autónoma. Este foi o proceso...

27 de octubre de 2021

DE CONCERTO

Continuamos cos Procesos de aprendizaxe. Desta vez o conservatorio de Música de Valadares convidounos a un concerto didáctico, da man de "Abmiran Cuartet". Comezamos "mercando" as entradas nun despacho de billetes. Entradas que debíamos coidar e gardar ata o día seguinte, o día do concerto. A verdade é que as crianzas disfrutaron moitísimo da música!!

25 de octubre de 2021

Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS e inauguramos a nosa neste curso con algunhas actividades e novidades: Convocamos eleccións para o voluntariado da biblioteca. Inauguramos a figura de Asistente de biblioteca. Disfrutamos dun contacontos. Entregamos as mochilas viaxeiras. Presentamos as "carritecas" Este curso traballaremos os "Contextos de Aprendizaxe" como proxecto, e comezamos coas eleccións. De aí que as vivenciásemos como se fosen reais, aprendendo da experiencia e da vivencia en primeira persoa. Aquí deixamos unha mostra do proceso!! Ademais abriráse a biblioteca nos recreos dos luns, martes, xoves e venres (os mércores haberá carritecas) Abrirase a biblioteca de 17:00 a 18:00 horas os luns, mércores e xoves.

5 de octubre de 2021

COMEZA O CURSO!!!

Comeza o curso e as novas andainas na biblioteca. Este curso POR FIN!!! contaremos cos nosos voluntarios para a biblioteca. A elección non é nada sinxela, así que teremos que organizar unhas eleccións centrais. Para iso, necesitamos coñecer os candidatos e as súas candidaturas!! ERES UNHA PERSOA ORDEADA? GÚSTACHE O TRABALLO EN EQUIPO? SÉNTESTE BEN CANDO AXUDAS AOS DEMAIS? GUSTARÍACHE FACER OUTRO TIPO DE ACTIVIDADES NO RECREO? ENTÓN ERES A PERSOA IDÓNEA PARA FORMAR PARTE DOS VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA!!! SE ESTÁS INTERESADO OU INTERESADA PRESENTA A TÚ CANDIDATURA, PRESENTÁNDOTE E EXPLICANDO PORQUÉ DEBEMOS ESCOLLERTE A TI!! (AS SOLICITUDES FARANSE POR ESCRITO NUN FORMATO DE PAPEL A4 E ENTREGARANSE AO BUZÓN DA BIBLIOTECA) O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O VENRES 8 DE OUTUBRO NON TE DURMAS!!!!!!

1 de junio de 2021

PROXECTO CÓIDOME-COIDO-T

Imos rematando os nosos proxectos... Este curso vai chegando ao seu fin. Coidamos o noso ser, a nosa propia presencia...

29 de mayo de 2021

AS PLANTAS QUE NOS COIDAN

Cóidome con unha alimentación saudable, natural, e coñezo as plantas que nos axudan, nos coidan e sanan...

HORTA

Pouco a pouco, con esforzo, coidados e moito mimo, imos recollendo os nosos froitos...
Un espectáculo de sabor!!! Así comezábamos...

27 de mayo de 2021

ENQUISA BIBLIOTECA

AQUÍ ESTÁ A ENQUISA DA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO. LEVA UN MINUTIÑO FACELA E AXÚDANOS A MELLORAR. ANÍMATE A CUBRILA!! https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfmSv4wOwb_zdyOXD4vVj8ZmIbJ6l1qIjn-3doQz6Kdgc0pMQ/viewform?usp=sf_link

24 de mayo de 2021

GREGUERÍAS

E Partindo das nosas tradicións os nenos e nenas de 3º están traballando as Greguerías, e este foi o resultado final. https://view.genial.ly/608c2da92530c20d4dea0ca1/video-presentation-video-presentacion-vibrant

20 de mayo de 2021

ABECEDARIO SAUDABLE

Así aprendemos o abecedario... Coidando a nosa alimentación!!!

COIDAMOS A HIXIENE

E así é como aprendemos a cepillar moi, moi ben os nosos dentes!!!

TEATRO

Encántanos aprender de maneira práctica e experimental. Cando as creacións teñen unha finalidade concreta e un sentido, todo é moito máis motivador.

19 de mayo de 2021

DÍA DO LIBRO

E como o prometido é debeda, aquí temos algúns dos momentos da celebración do día do libro. Fixemos uns lapbooks coas vosas colaboracións, a recollida das tradicións e esas imaxes tan tenras dos nenos e nenas cos seus maoires, cos que manteñen esa relación tan especial de Coidado mutuo. E continuando coas tradicións e partindo do libro "Para Cantar e bailar" de Luis Prego, estivemos practicando bailes tradicionais para disfrutalos na celebración da compaña do propio Luis Prego, que veu a cantar e tocar, xunto con Samuel. Disfrutamos moitísimo desta festiña, que tanta falta nos fai!!

23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO...

E non nos esquecemos do Día do libro. Tiñamos planificada unha xornada súper especial pero... non quixemos desvirtuala pasándoa por auga, así que o celebraremos en canto mellore o tempo por todo o alto. Porque todos os días deberían ser "O día do libro" Ou non?

Cóidome-Cóido-T

E así de ben se coidan os nenos e nenas de 4º de E.I. BRAVO!!! 👏👏👏

20 de abril de 2021

19 de abril de 2021

PROXECTO "CÓIDOME-COIDO-T"

E chegou o que todos estabamos agardando... A hora de plantar!!! Pasámolo en grande, traballamos, estivemos en contacto coa terra (algún máis da conta), colaboramos en equipo, e disfrutamos de ver o resultado do noso traballo.