Co obxectivo de
fomentar actividades artísticas e literarias no noso centro, o Equipo de Biblioteca convoca o I Certame de Caligramas dirixido ao alumnado de Infantil e aos cursos
de 1º e 2º de Educación Primaria.
Qué é
un caligrama?
Un
caligrama é un poema feito debuxo. Nos caligramas o poema debuxa o obxecto
relacionado co tema principal deste. Por exemplo, se o poema fala dun gato,
escribirase o texto en forma de gato.
Bases:
-
Haberá
dúas categorías para participar:
·
Nenos
e nenas de Educación Infantil.
·
Nenos
e nenas de 1º e 2º de primaria.
O
texto do caligrama pode ser inventado, ou ben poderá utilizarse calquera texto
literario publicado en verso (preferiblemente en galego)
- Os
traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.
Data: Entregaranse
antes do 18 de marzo (de ser posible) ao titor/a. Unha vez recompilados todos
entregaranse á coordinadora do Equipo de
Biblioteca.