Onte comezamos co club de lectura mixta do libro de Lightfall 1: La última llama. Neste primeiro club da saga, falamos das personaxes, escenarios e historias que seguirán no libro 2 e de como se transmiten as emocións e aventuras a través da banda deseñada e as ilustracións. Encántanos falar de libros fantásticos! Ademais, levaron uns carnés para ir marcando con pegatinas cada un dos clubs de lectura desta saga e ir tendo unha continuidade do mesmo. Participaron nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria, que pouco a pouco van creando os seus propios diarios de lectura, tendo como exemplo ás nenas e nenos de sexto que xa o fan como rutina lectora.
25 de marzo de 2026
DÍA DA POESÍA
Para conmemorar o día da poesía (21 de marzo) preparamos un obradoiro de collage ca clase de 6º de primaria para desenvolver a súa creatividade e gusto pola poesía en lingua galega. Ademais de facer unha busca nos libros da biblioteca, escolleron as imaxes en revistas e catálogos retirados, para así fomentar tamén o uso de material de refugallo e concienciar na responsabilidade ecolóxica que levan traballando arredor dos ODS.
24 de marzo de 2026
TORNEO EXPRÉS DE DOBBLE (XOGO DE MESA)
O martes tivemos un torneo exprés na hora do patio para xogar ao dobble, un xogo de mesa de cartas moi divertido. De 16 participantes de varios cursos que se apuntaron, quedou un gañador de sexto curso. Foi un éxito rotundo, ata queren volver repetilo! Houbo modalidade de dobble tradicional e de temática Harry Potter. Unha maneira de pasar os recreos na biblio e socializar con persoas do cole, ademais de desenvolver a nosa rapidez mental e agudeza visual...Que máis podemos pedir?




















































