24 de abril de 2024

MES DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS

Para festexar o día do libro, o día 23 fixemos a última actividade do mes do libro: lecturas compartidas.

Nela, as nenas e nenos máis maiores encargáronse de ler varios contos á rapazada máis pequena, compartindo así historias e aventuras nun día soleado do patio. Foi moi bonito e construtivo.

Para rematar o día, levaron a casa un pequeno agasallo: un libro viaxeiro para que teña outra vida e recorra máis mundos.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

















19 de abril de 2024

MES DO LIBRO: CLUB DE LECTURA CON IRIA MISA

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa autora Iria Misa no noso club de lectura do libro Unha veciña de película. Ademais de falar do libro e da historia, as nenas e nenos que viñeron preguntaron moitas cousas interesantes acerca de libros, cine, familias diversas... Foi moi interesante e divertido falar con esta escritora! Aprendemos moitas curiosidades e datos. Nesta sesión houbo algunhas nenas e nenos que están pensando en escribir o seu propio libro, aínda lle pediron algún consello!

Despois asinounos os libros e os traballos tan chulos que tiñamos feitos nas nosas cámaras de papel!

Moitas grazas Iria! Estamos agardando a segunda parte xa!













MES DO LIBRO: CONTACONTOS E OBRADOIROS

O día 18 festexamos o día do libro LGTB dentro da nosa programación do Mes do libro. Tivemos 3 sesións de contacontos para todo o cole:

- Elmer: infantil, 1º e 2º

- Xe: 3º e 4º

- Con tango son tres: 5º e 6º

E despois fixemos uns obradoiros plásticos moi chulos! Ademais de falar sobre temas que nos interesaban e facer as preguntas que nos inquietaban. Quedamos cunha visión do colectivo moi clara e respetuosa.

Moitas grazas a Gonzalo e á Asociación Avante por facelo posible!
















16 de abril de 2024

CLUB LECTURA 1º

Hoxe tivemos o primeiro club de lectura da clase máis peque de primaria e fixeron a estrea cun súper libro! "Invisible" de Eloy Moreno, o best seller xuvenil adaptado ás máis pequenas. Este álbum combina o mellor dos dous mundos: o formato da colección Contos para contar entre dous e a historia que emocionou a moita xente lectora. Un libro perfecto para gozar en grupo.

Falaron moito das emocións e como fan para solucionar o que lles pasa polas súas cabeciñas. Dixeron e contaron cousas moi interesantes!






15 de abril de 2024

MES DO LIBRO: CONTACONTOS

Hoxe as aulas de infantil, 1º e 2º de primaria tivemos unha sesión de contacontos con David Rodríguez e  súa Superavoa!

Un conto cheo de superpoderes, no que as mulleres da familia de Antía xogan un papel fundamental na súa vida. A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.

Ata apredimos unha canción da superavoa coa guitarra!





 

10 de abril de 2024

MES DO LIBRO: CLUB DE LECTURA ADULTA

O martes 9 de abril tivemos a segunda sesión de Club de lectura adulta, co libro Extraño en un tren de Patricia Highsmith. Unha historia intrigante basada na idea dun crime perfecto, sen móbiles, que nos fixo reflexionar das contradicións da vida e a saúde metal. Moitas grazas a todas as participantes, coma sempre, foi unha xuntaza ben interesante da comunidade educativa.