14 de febrero de 2023

CON-CURSO CON-CIENCIA

E... AQUÍ TEMOS AS PISTAS DA SEMANA PARA INVESTIGAR AO CIENTÍFICO OU CIENTÍFICA.... QUEN SERÁ??? 

AVISO!!!!!! A PARTIR DE AGORA O PRAZO PARA RESPONDER REMATA O MÉRCORES!!!!!

 







11 de febrero de 2023

CIENCIA E FORMACIÓN

“Se te atreves a ensinar, nunca deixes de aprender”, John Cotton Dana. Seguindo a este gran profesor aí estamos, formándonos na ciencia, da man de David Ballesteros, Director da plataforma formativa STEAMBITES en CEO ABERTO SL, a través do CEFORE de Vigo.

CIENCIA EN MOVEMENTO

Coa chegada do novo ano, o alumnado DE 1º, 2º, 3º E 4º gozou dunha xornada científica na Compaña dos científicos de "Ciencia en Movemento" que teñen o seu museo científico en Gondomar, baixo o leva PROHIBIDO NON TOCAR

A NENA E A CIENCIA EN 3 ANOS

Na aula de 3 anos experimentamos facendo neve, celebrando o día da nena e a ciencia

DÍA DA NENA E A CIENCIA

O venres celebramos o día da Nena e a Ciencia coa saída de 5º ao verbum, para empaparnos de experiencias científicas da man de mulleres de ciencia.

8 de febrero de 2023

CON-CURSO CON-CIENCIA

E... XA ESTAMOS NA SEGUNDA SEMANA DO CONCURSO DE CIENCIA... QUEN SERÁ DESTA VEZ O CIENTÍFICO OU CIENTÍFICA AGOCHADO??? RECORDADE!!! O PRAZO PARA RESPONDER REMATA MAÑÁ AS 11:00 DA MAÑÁ!! SORTE!! (GRAZAS NEREA POR RECORDARME PUBLICAR AS PISTAS)

7 de febrero de 2023

CLUB DE LECTURA ADULTA

Hoxe comezamos co club de lectura para adult@s. O libro escollido foi "Las herederas de la singer" de Ana Lena Rivera. Unha historia familiar de mulleres fortes e a máquina de coser que marcou as súas vidas. Parece que moitas problemáticas doutros tempos seguen a estar presentes nas nosas vidas... Desexando facer o seguinte! Moitas grazas a todas as que vos acercarstes!

1 de febrero de 2023

CON-CURSO CON-CIENCIA

SIIIII XA ESTÁ EN MARCHA O NOSO CONCURSO DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS IMPORTANTES. E XA TEMOS A TODOS OS PARTICIPANTES QUE SE QUIXERON APUNTAR!!
ESTAS SON AS PISTAS DA SEMANA PARA AVERIGUAR A ESTE CIENTÍFICO OU CIENTÍFICA!!!
MAÑÁ ANTES DAS 11:00 DEBERÁS BOTAR NO BUZÓN A TÚA PAPELETA COA SOLUCIÓN!!! A INVESTIGARRRRRRRRRRRRRRR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!