Hoxe as nenas e nenos de 5º de primaria fixeron o club de lectura dun dos libros máis emblemáticos de Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira defunta.
Unha viaxe ao mundo dos mortos onde non faltan ingredientes de aventura, misterio e moito humor. Unha historia de humor macabro
que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña. Como
Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso
de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de
Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un
megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións
para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que
nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento
francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto
viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de
Amanito, o tirano que goberna no Alén. Unha historia de humor macabro
que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Un libro que engorda só con de lelo! Moitas das receitas fixéronas nas súas casas para probar!