2 de diciembre de 2025

25N: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Para conmemorar este día tan importante, desde a biblioteca fixemos uns obradoiros baseados nuns contos. Contamos Rosa caramelo, Las muñecas son para las niñas e Voy conmigo. Ademais de reflexionar sobre a temática en si e sobre os libros, elaboramos unhas manualidades que nos quedaron chulísimas!

Todas e todos podemos aportar o noso gran de area contra a violencia e, máis aínda, sendo a través dunha arte tan importante coma a literatura.












12 de noviembre de 2025

CLUB DE LECTURA 6º DE PRIMARIA

Por fin comezamos cos clubs de lectura!

E estreamos cun libro de teatro de Paula Carballeira: Wombo Combo, nada máis e nada menos, para falar de algo que nos encanta, os videoxogos.

"Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias."
Ademais reflexionamos sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.





7 de noviembre de 2025

ACTIVIDADE DE OUTONO

Hoxe a clase de 6º de primaria preparou unha actividade para facer cas nenas e nenos de 5 anos na biblio: crear os duendes do outono! Unha manualidade feita con material recollido directamente das árbores do noso patio! Que bonito é o outono cheo de cores! E que maneira de ver arte nas pequenas cousas!














24 de octubre de 2025

ABRIMOS A BIBLIO!

Hoxe tivemos o noso gran Día das Bibliotecas para abrir a nosa biblio e comezar a nosa desexada viaxe pola lectura!

Para festexalo, fixemos unha xincana relacionada cas diferentes artes da nosa pdi nos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria e despois tivemos a sorte de ter unha sesión de contacontos para infantil, 1º, 2º e 3º de primaria con Charo Pita que nos encantou!

Non había mellor maneira de abrir a nosa biblio! O luns comezamos! Que ganas!
























20 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN!

Aquí vos deixamos unhas pequenas recomendacións para lecturas de verán e algúns xogos de mesa cos que pasar bos momentos nos calurosos días.

Bo verán e boas lecturas! Ata o próximo curso!




ACTIVIDADE FINAL PDI: TROTAMUNDOS, VIAXA DESDE GALICIA

Para rematar este curso escolar, fixemos unhas actividades relacionadas ca nosa PDI Trotamundos: viaxa desde Galicia, para conseguir todos os selos dos países que traballamos en cada aula. Aprendemos moitas cousas dos diferentes países e ademais fixemos actividades moi divertidas como bailes típicos, coñecer expresións populares, músicas, instrumentos, traxes tradicionais e ata un conto de sombras chino! Aquí deixamos unha pequena mostra do traballo. Ata o próximo curso con máis sorpresas!










11 de junio de 2025

CLUB DE LECTURA COMPARTIDA

Para rematar o noso ciclo de Club de lectura, fixemos onte pola tarde o último club de lectura compartida con familias co libro: "Juan sin móvil" de José Vicente Sarmiento Illán. Foi unha xornada ben interesante onde puidemos escoitar diferentes puntos de vista sobre o uso das pantallas e as tecnoloxías, así como os perigos da internet. Quen son realmente os teus amigos, quen son os non amigos e se unha persoa é rara por non ter teléfono. Moitas grazas a todas e todos por vir! E a unha mamá que nos trouxo unhas pastas riquísimas para acompañar no noso club. Ata o curso que vén con máis clubs de lectura!