Temática: A amizade
Bases:
- Haberá dúas categorías para participar:
• Nenos e nenas de 3º e 4º.
• Nenos e nenas de 5º e 6º.
- Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Debe engadirse o nome do neno/a e o curso. O poema pode estar ilustrado con debuxos e cores.
- Os traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.
- Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a ausencia de faltas de ortografía.
Data: Entregaranse antes do 18 de marzo ao titor/a. Unha vez recompilados todos os poemas entregaranse á coordinadora do Equipo de Biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario