23 de abril de 2016

Premio dos Clubs de Lectura 2016, do ámbito educativo, para Ledicia Costas



   A escritora e madriña da nosa biblioteca Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, vén de acadar o Premio dos Clubs de Lectura 2016, un galardón co que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente. Así se recolle na resolución publicada hoxe pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coincidindo co Día Mundial do Libro.



   Este é o segundo ano que se concede este premio, creado para recoñecer o labor das autoras e autores galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese dos participantes nos clubs de lectura.




   O premio serálle entragado á escritora Ledicia Costas no transcurso da IX Xornada dos Clubs de Lectura, que terá lugar en Santiago de Compostela (EGAP) o 10 de xuño, e na que se reunirá o profesorado que coordina os clubs de lectura existentes este curso en 239 centros de ensino secundario de toda Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario