24 de octubre de 2016

24 de outubro, Día da Biblioteca

   No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas para abrir as portas da biblio e ofrecer unha exposición de libros de medo.



   O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, e como todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres, a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas. 

Fermosísimo é o texto de Ledicia Costas, Premio dos Clubs de Lectura 2016: 

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:

-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

No hay comentarios:

Publicar un comentario