"Biblioteca
escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo deste
curso 2016/2017. Nesta ocasión foi Minia
Regos a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A campaña
de visibilidade da biblioteca escolar deste curso lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á
produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros,
dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén
un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía,
cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura
en todos os seus xéneros e temáticas; e vivir é experimentar e compartir, pero
tamén expresarse e comunicar a través das distintas opcións artísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario